Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
Ponteareas impartirá un curso de iniciación á lingua de signos gratuíto - Metropolitano

Ponteareas impartirá un curso de iniciación á lingua de signos gratuíto

O Concello de Ponteareas vén de abrir o prazo de inscrición para unha nova edición do curso de iniciación de lingua de signos. Ante o éxito da primeira convocatoria, a concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade volve ofrecer este curso totalmente de balde.

As clases impartiranse os luns, martes e mércores na sala multiusos do auditorio municipal en horario de 18:00 a 21:00 horas. O curso comeza o próximo luns día 11 de marzo e todos e todas as interesadas deberán inscribirse no número de teléfono 672 105 468.

Este curso enmárcase dentro da primeira programación estable "Mocidade Viva" deseñada especificamente para a mocidade da cidade e coa súa colaboración.

Salir de la versión móvil