Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
O Club Natación Ponteareas, un equipo de récord - Metropolitano

O Club Natación Ponteareas, un equipo de récord

O equipo premaster do Club Natación Ponteareas formado por Verónica Troncoso, Anais Ucha, Martín Carrera e Daniel Argibay bateu o récord galego na proba de 4x50m, libre mixto no Campionato Galego Máster de inverno celebrado na piscina do complexo deportivo Rías do Sur, en Pontevedra os días 13 e 14 de xaneiro.

A cita reuníu a 24 equipos de toda a xeografía galega con máis de 200 participantes de todas as idades. O club natación Ponteareas acudíu a esta proba cun equipo de 26 nadadores e nadadoras que conseguiron numerosas medallas.

Na categoría feminina acadou a medalla de bronce e o equipo masculino rematou na sexta posición. Con todo, a clasificación final conxunta deixou ao club de Ponteareas en cuarto lugar na clasificación final. 

Salir de la versión móvil