A ciclista mosense Rocío Blanco Carrera foi homenaxeada este martes, 7 de xaneiro, no Concello de Mos polos seus recentes títulos de Campioa Galega de Ciclocross Máster 2019 e da Copa Galicia de Ciclocross 2019 na categoría Máster-30. Blanco, de 38 anos, veciña mosense natural da parroquia de Guizán e residente en Torroso, vén de gañar, o pasado 29 de decembro, o Campionato Galego de Ciclocross 2019 Categoría Máster, que se celebrou no velódromo do Porriño.
O caso de Rocío Blanco é paradigmático. Estréase no ciclocross cun ouro no campionato galego tras practicalo soamente dende fai un ano. Amais, esta mosense practica ciclismo dende fai soamente cinco anos. A propia Rocío conta que antes de subirse á bicicleta practicaba atletismo cun grupo de compañeiros. Serían eles, tamén afeccionados á bici, os que a animaron a sumarse a este deporte ao que non tardou moito en “engancharse”.
O mérito de Rocío non se queda en erixirse Campioa Galega nunha competición na que participaba por primeira vez. O desta mosense é un exemplo de esforzo e conciliación da vida familiar, laboral e deportiva. Como moitos deportistas, Blanco combina o seu traballo, por quendas nunha fábrica do Porriño, cos adestramentos no seu tempo libre tres ou catro días á semana.
Esta Campioa Galega corre no equipo ciclista Budiño Bike e, ademais de gañar o Campionato Galego de Ciclocross 2019 en Categoría Máster, ven de gañar tamén a Copa Galicia de Ciclocross 2019 en Categoría Máster-30. As dúas últimas carreiras desta competición disputounas os pasados días 4 e 5 de xaneiro. O sábado 4 correu en Verín e o domingo, día 5, en Maceda.
O vindeiro sábado, 11 de xaneiro, participará no Campionato de España de Ciclocross que se disputará en Pontevedra e, sobre os posibles resultados no mesmo, Blanco Carrera declara estar “á expectativa, posto que en carreira nunca se sabe o que pode pasar”.
La inversión para el complejo Afouteza - GS360 es de 110 millones de euros. Tendrá miniestadio, hotel, y residencia
El estadio de Balaídos acoge el 8 de abril el partido entre España y Portugal de la Nations League. Hay entradas desde 3,50 euros
La lluvia no impidió que numerosos aficionados disfrutarán de una de las pruebas clásicas del automovilismo gallego
Este sábado, antes del inicio del encuentro ante el Leganés, se hizo un homenaje al Entroido gallego. Salieron al césped los Cigarróns y los Boteiros
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL