A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, prevé que o Bloque teña un "resultado histórico" na comarca do Val Miñor, polo que será "decisivo" na vida municipal dos concellos da zona. Fíxoo o acto de presentación das candidaturas do Bloque á alcaldía dos concellos do Val Miñor: Iago Pereira en Baiona; Manuela Rodríguez en Gondomar e Xavier Rodríguez en Nigrán.
Pontón puxo como exemplo da capacidade do BNG á hora de liderar e aportar solucións “o traballo desenvolvido polo grupo municipal no concello de Baiona, en áreas clave como o medio ambiente, a participación veciñal, igualdade ou mocidade, que marcou nos últimos tempos a diferenza no goberno municipal”, polo que se mostrou convencida de que o Bloque terá un apoio reforzado nas próximas eleccións do 28 de maio con Iago Pereira como cabeza de candidatura.
A líder nacionalista tamén destacou “a capacidade de traballo, rigor e recoñecemento social” de Manuela Rodríguez, poñendo en valor a súa “enerxía imparable cando hai que defender os intereses de Gondomar”, o que seguro será valorado pola veciñanza de cara a vindeira cita electoral. Igualmente, augurou que “en Nigrán o BNG terá máis forza que nunca con Xavier Rodríguez porque son maioría os veciños e as veciñas que queren que o Bloque xogue un papel decisivo neste concello”.
A portavoz nacional amosou a súa visión sobre Baiona, Gondomar e Nigrán, poñendo o foco na "necesidade inmediata" de ter gobernos con ideas e propostas en ámbitos nos que a sociedade afronta grandes retos de futuro na actualidade. Todo isto pasa por “preservar un territorio ameazado polo espolio eólico, a mellora dos servizos públicos, un turismo sustentable que non derive en consecuencias que prexudiquen aos propios veciños e veciñas como o incremento do prezo da vivenda”, indicou.
Pontón quixo deixar claro que a formación nacionalista “ten un proxecto de futuro para os concellos do Val Miñor, e por iso este 28 de maio imos ter un resultado histórico que converterá ao BNG nunha forza política decisiva na vida municipal de Baiona, Gondomar e Nigrán, poñendo ás persoas no centro e dotando as vilas de maior dinamismo económico e social”.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL