‘Bibopalula’ é a primeira serie de animación musical para televisión realizada íntegramente en galego. Producida por Undodez, marca un antes e un despois no audiovisual infantil galego, ofrecendo contidos pensados para cativada de entre 3 e 6 anos que mesturan entretemento, música e aprendizaxe. Os primeiros vinte episodios pódense desfrutar na plataforma dixital xabarin.gal e na aplicación móbil Xabarín.
A Banda do Bosque, protagonista desta serie, está composta polo paporrubio Robin, o merlo Merli, a pega Pegui e o picapau Carpin. A través de historias breves de cinco minutos, os catro amigos enfrontan pequenos misterios inspirados polos ciclos naturais, como o cambio das estacións ou a migración das aves, descubrindo valores como a amizade, a curiosidade e o respecto pola natureza.
Cada episodio inclúe unha canción orixinal composta por Santi Jul e Iván Laxe. Estes temas, interpretados pola Banda do Bosque nun videoclip ou ao vivo no escenario do bosque, están dispoñibles tamén nas principais plataformas dixitais de audio, permitindo que a experiencia musical continúe fóra das pantallas.
Creada por Laura e Andrés Mahía, ‘Bibopalula’ é unha produción completamente galega, pensada para conectar coas familias e reforzar a presenza do galego no audiovisual infantil. Esta visión foi apoiada por un elenco de voces recoñecidas, entre as que destacan Melania Cruz, Marta Lado, Iria Lamas, Marita Martínez e Xosé Antonio Touriñán.
A música é o gran eixe de ‘Bibopalula’, un elemento que complementa as historias e transmite as súas aprendizaxes de forma inesquecible. Pero a serie tamén traspasará as pantallas xa que, durante os próximos meses, o proxecto ampliarase con novas iniciativas como a publicación dun conto infantil baseado nos seus personaxes e unha aplicación móbil que permitirá ás familias explorar o mundo da serie de maneira interactiva.
Ademais, para o vindeiro ano, está previsto o lanzamento dunha unidade didáctica destinada a centros educativos, que combinará actividades musicais e contidos sobre o coidado da natureza. A Banda do Bosque tamén visitará escolas para compartir aventuras co alumnado e reforzar a aprendizaxe a través de experiencias lúdicas.
Nunha aposta por levar as súas historias máis aló das pantallas, a produtora Undodez, en colaboración coa compañía Ainé, traballa nun espectáculo musical en vivo que trasladará a maxia de ‘Bibopalula’ aos escenarios galegos.
‘Bibopalula’ non só enche un baleiro no panorama do audiovisual infantil, senón que tamén reivindica o galego como lingua de creación contemporánea, capaz de conectar coas novas xeracións. Logo destes 20 primeiros capítulos, a temporada completarase cun total de 55 episodios das aventuras de Robin, Pegui, Carpin e Merli.
Para estar ao día de todas as novidades de ‘Bibopalula’, podes seguir as súas contas nas redes sociais Facebook e Instagram ou visitar bibopalula.gal, a plataforma de referencia desde a que acceder a todos os contidos da serie.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL