Tras darse a coñecer que o Tribunal Administrativo da Contratación Local admitise a trámite as alegacións formuladas polo colectivo Vigo Histórico en contra do proxecto de túnel na rúa Elduayen, o BNG volveu pedir ao Goberno municipal que non inicie as obras até estudar alternativas a esta intervención. “Pedimos, de novo, que se paralice a execución do proxecto até avaliar todas as opcións técnicas, que se inicie un diálogo real coa veciñanza afectada e cos colectivos do barrio e que se someta a exposición pública o proxecto definitivo”, explicou o concelleiro, Xabier P. Igrexas.
O voceiro nacionalista volveu demandar que o proxecto de peonalización garanta a seguridade dos inmóbeis afectados e que non se limite á Porta do Sol e atinxa tamén ao Paseo de Afonso XII. “O principal miradoiro urbano, un balcón privilexiado á nosa Ría como o Paseo de Afonso non pode quedar fóra desta peonalización”, defendeu. A este respeito desde o Bloque advirten de que o momento para incorporar este ámbito para facer unha actuación “verdadeiramente integral” é antes do inicio das obras para evitar unha “chapuzada millonaria”. “Escoitamos estes días ao alcalde abrirse á posibilidade de que o Paseo sexa tamén peonil. A pregunta é por que hai que esperar? Por que non se pode facer conxuntamente?”, inquiriu o concelleiro do BNG, que alertou que co actual deseño do túnel “moi dificilmente se poderá facer o Paseo peonil nun futuro”.
A formación nacionalista fai propias as críticas formuladas polo movemento ecoloxista advertindo de que soterrar o tráfico rodado non é a solución. “Non queremos meter o tráfico debaixo da alfombra, o que se precisa é retirar vehículos das rúas e iso pasa por peonalizacións reais e por mellorar substancialmente a alternativa do transporte colectivo”, argumentan.
Igrexas lembrou que todas estas peticións xa se formularon nunha moción que foi rexeitada no Pleno da corporacións “cos votos do PSOE e tamén do PP”. No entanto, a fronte nacionalista, defende que unha actuación tan importante como a “peonalización do quilómetro cero da cidade”, que reiteran conta co “total apoio do BNG”, ten que acometerse procurando o máximo consenso social, veciñal e político. “Ten que ser un proxecto de cidade, non dun Goberno ou dun partido”, reclamou o edil nacionalista.
Por outra banda, o portavoz municipal do BNG volveu facer un chamamento ao diálogo. “O goberno municipal ten que sentarse coa veciñanza e co tecido asociativo. A falar, a dialogar, a escoitar”, demandou.
A este respeito Igrexas amosouse duramente crítico cunhas recentes manifestacións do alcalde, Abel Caballero, nas que ademais de desprezar os colectivos sociais chegou a ameazar con facer pública a relación de nomes das persoas que se opoñen ao proxecto do túnel. Unhas declaracións que para Igrexas son “máis propias dun delator falanxista que dun alcalde democrático”, polo que urxiu o rexedor a retiralas e desculparse. “É intolerábel que se ameace con listas negras a viguesas e vigueses que libre e democraticamente expresan a súa opinión sobre unha actuación municipal”, remachou.
Pérez Igrexas retou ao Goberno municipal a demostrar que o seu proxecto de túnel de 17 millóns de euros para 200 metros de peonalización conta co apoio real da cidadanía. “Que o sometan a exposición pública para que a veciñanza poida dar o seu parecer. A que lle teñen medo?”.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL