Novo episodio na historia da Deputación de Pontevedra. A rutina prosigue baixo o mando do bipartito do PSdeG e o BNG e con Carmela Silva como presidenta da institución provincial. O acordo de goberno, confirmado horas antes do acto de constitución da Corporación, disipaba calquera movemento político sobre a postura adoptaría a formación nacionalista. Ás 12:00 horas, o Pazo Provincial convertíase no epicentro do municipalismo de Pontevedra. Alcaldes, alcaldesas e concelleiros asistían a estes primeiros pasos desta nova lexislatura, dunha etapa de catro anos coa que Carmela Silva apelou á igualdade, ao respecto e coidado polo medio ambiente, a axuda aos colectivos máis desfavorecidos e ao turismo como liñas fundamentais do seu goberno.
O PSdeG foi a única formación que presentou candidatura á presidencia da Deputación de Pontevedra. O final era sabido. Era unha votación con “spoiler” tras o acordo anuncia 24 horas por nacionalistas e socialistas. Non obstante, César Mosquera, como portavoz do BNG, aproveitou o uso da palabra para tachar de “trasto anacrónico” a institución provincial. “Aquí non nos puxeron os cidadáns cos seus votos, puxéronnos os concelleiros”. O vicepresidenta da Deputación xustificou o pacto acadado para dar continuidade o goberno provincial para garantir a estabilidade e o funcionamento da Deputación. Pola súa banda, o portavoz do grupo popular, Jorge Cubela, destacou “a nova etapa” que inicia o seu grupo e instou a Carmela Silva que haxa “un trato igualitario” con todos os concellos, incluídos os dirixidos polo PP.
Carmela Silva detallou no seu discurso de proposta de investidura as liñas mestras dos vindeiros catro anos. O feminismo, esa loita pola igualdade que converteu á institución provincial provincial nun referente. Prometeu un “proxecto global” entre todos os concellos para acadar ese respecto total polo medio ambiente, polo entorno. “Continuaremos co movemento imparable que iniciamos hai catro anos”, apuntou a presidenta provincial, que apelou tamén aos soños antes de coller o bastón de mando que confirmaba a súa reelección como a líder da institución provincial.
A presidenta da Deputación de Pontevedra saudaba aos deputados provinciais. A todos. E dirixíase á bancada para apertar a súa nai e ao seu fillo, Iago Falque. Silva destacaba no seu discurso como máxima mandataria da Deputación de Pontevedra que era a primeira vez que o futbolista do Torino podía asistir a unha toma de posesión e estar nun día tan especial. “Os gobernos teñen que cambiar porque a sociedade xa cambiou”, destacaba a presidenta da institución provincial nunha declaración na que avogou polo traballo común entre todos os grupos, sen confrontacións. “Só avanzaremos se o facemos xuntos”.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL