Uns días despois de que o Museo do Mar en Vigo inaugure a mostra do Pergamiño Vindel, berce do galego-portugués, a Illa de San Simón será o escenario da convivencia poética “Con barqueira e remador” con outro fito fundamental para ambos idiomas: este ano adoptará o portugués como lingua vehicular.
Este Obradoiro Internacional de Tradución Poética, iniciativa de Yolanda Castaño, celebra o seu sexto aniversario dando un paso cara adiante e superando o inglés cara o portugués nunha edición que se desenvolverá entre o 16 e o 21 de outubro e que tamén visitará Vigo, Redondela e Pontevedra.
O galego Estevo Creus, o asturiano Antón García, a brasileira de orixe italiana Francesca Cricelli, a finesa Rita Dahl e o chinés Hu Xudong intercambiarán coñecementos e experiencias. Os seis poetas e tradutores, cunha traxectoria multipremiada, daranlles forma ás palabras e os seus ritmos a través do portugués e das traducións.
Como contribución dos autores á contorna social que acolle o obradoiro, celebrarase un programa de actos paralelo, aberto e gratuíto, que consiste en tres recitais poéticos multilingües os días 18, 19 e 20 de outubro na Casa da Luz de Pontevedra; no Instituto Camões de Vigo; e na Casa da Cultura de Redondela, todos ás 20:00 horas. Neles soará a obra dos convidados e convidadas nas súas linguas orixinais, seguidas das traducións ao galego.
A novidade da utilización do portugués como lingua franca do encontro e a coincidencia da presenza en Galicia do Pergamiño Vindel, que se exhibe por primeira vez ao público no Museo do Mar de Galicia, reforzan, para o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, os valores históricos e patrimoniais da Illa de San Simón.
A iniciativa conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura e do Concello de Redondela, ademais do apoio de diversas entidades.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL