Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
Investigación policial en Salceda ao desaparecer dous carballos da carballeira do Souto - Metropolitano

Investigación policial en Salceda ao desaparecer dous carballos da carballeira do Souto

A policía local do Concello de Salceda de Caselas ven de realizar informe para a apertura do expediente de investigación da desaparición de dous carballos do espazo municipal denominado “Carballeira do Souto”, no barrio do Pomar de Suso. O equipo de goberno ten constancia de que dúas árbores deste espazo municipal foron talladas recentemente, sen que se coñeza ata o de agora o autor ou autora.

Ao feito de que se trata dun espazo de titularidade municipal recollido no inventario de bens, hai que engadir que estamos a falar de carballos, árbores que non se poden cortar sen a pertinente comunicación á Xunta de Galicia, o cal agrava máis se cabe a situación, pois tan só o Concello, como propietario do terreo, podería facer esa comunicación.

Por parte da policía local iniciáronse xa as pesquisas, apelando á colaboración veciñal para localizar a persoa responsable dos feitos.

O equipo de goberno lamentou o acontecido, coa corta destes dous carballos a pé de rúa, e co ataque ao patrimonio natural do Concello, lembrando os beneficios deste tipo de prantacións frente a outras invasoras, non só na loita contra os incendios, senon tamén na posta en valor do noso entorno natural.

Salir de la versión móvil