O Bloque Nacionalista Galego de Vigo vén de demandar este xoves, con motivo do Día Mundial sen Coche, unha ampliación das frecuencias do autobús urbano, abaratar o prezo do billete e unha revisión do actual mapa de liñas. A fronte nacionalista chama a apostar por un novo modelo de mobilidade ante o "deficiente" servizo ofrecido por Vitrasa e para dar á veciñanza unha alternativa real ao uso do vehículo privado.
"Temos o reto como cidade de facer que todos os días en Vigo poidan ser días sen coche", defendeu o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, que pediu avances substanciais nesta materia máis alá de "anuncios cosméticos ou medidas aparenciais" como a gratuidade nalgunhas liñas de bus durante esta xornada.
Nese sentido, Igrexas propuxo incrementar as frecuencias de Vitrasa, diante da escasa oferta actual, e unha revisión do mapa de liñas para "conectar de verdade o conxunto dos barrios e parroquias de Vigo". Ademais, pediu mellorar os enlaces con instalacións e servizos básicos, como as estacións de transporte, os centros médicos e o campus universitario, así como reforzar o bus nocturno, especialmente para a mocidade.
O edil nacionalista urxiu tamén un abaratamento permanente do prezo do billete que, segundo un estudo recente de Facua, está entre os máis caros das principais cidades de España. "O Concello ten que facer un esforzo decidido para dotar a unha cidade metropolitana de preto de 300.000 habitantes como Vigo dun servizo de bus a súa altura", salientou.
O concelleiro do BNG reiterou a necesidade de facer unha aposta estratéxica pola mobilidade colectiva tamén como solución aos recorrentes problemas de atascos que padece a cidade, con até 46 horas ao ano de retencións en diferentes puntos da cidade. “É necesario e urxente apostarmos nun novo modelo de mobilidade máis eficiente, moderno e sustentábel en termos ecolóxicos que ten que pivotar nunha potenciación do uso de bus urbano”, demandou, de vez que cuestionou o modelo actual por funcionar sobre un esquema "obsoleto" do ano 1994.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL