O Bloque Nacionalista Galego chama a "defender Vigo nas urnas" este 23 de xullo fronte ao “abandono da cidade por parte das forzas estatais". Así o defendeu este primeiro día de campaña electoral o candidato número dous do BNG ao Congreso pola circunscrición de Pontevedra, o vigués Brais Ruanova, que trasladou o compromiso nacionalista coas "débedas pendentes coa cidade": facer realidade a Saída Sur antes do 2030, poñer en marcha na área unha rede de cercanías, dotar a Vigo da Biblioteca do Estado tantos anos prometida e rematar coa navallada da AP-9 ao seu paso por Teis.
“Esta campaña é unha grande oportunidade para que todas esas galegas e galegos, todas esas viguesas e vigueses, que senten que Galiza e Vigo ten que contar en Madrid vexan no BNG a garantía na defensa dos nosos intereses”, asegurou Ruanova, tras realizar un reparto informativo no propio barrio de Teis acompañado do candidato suplente ao Congreso, Nuno Galán, e de militancia da organización.
O candidato nacionalista apostou por ter máis voces do BNG no Congreso para "obrigar ao Goberno español a atender dunha vez as necesidades da maior cidade galega". “Cun Grupo Galego Forte que impida que Madrid siga negándonos o que nos corresponde”, apostou Ruanova, que afeou que o Goberno de PSOE e Unidas Podemos dixeran non a todas as emendas do BNG na pasada lexislatura coas que a fronte nacionalista demandaba aumentar en 167 millóns de euros os investimentos estatais en Vigo.
“Facemos un chamamento a concentrar todo o voto inconformista no BNG para facer valer os intereses de Vigo e Galiza en Madrid”, afirmou, poñendo en valor o traballo do deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, “o único que defendeu as necesidades da cidade durante os últimos catro anos, outros non poden dicir o mesmo”. Nese sentido, lembrou algúns dos avances acadados polo Bloque, como a “rebaixa histórica” das peaxes na AP-9.
Ruanova asegurou que o “único voto útil é a papeleta do BNG”, destacando o valor dobre do voto pola fronte nacionalista. “A papeleta do BNG é a papeleta do si a Galiza e a Vigo, e tamén a papeleta que servirá como dique de contención contra un goberno das dereitas”, remachou.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL