O BNG rexistrou hoxe unha iniciativa no Congreso preguntando ao Ministerio de Transportes porque non preveu ao longo do ano 2020 as modificacións normativas necesarias, vía Real Decreto, para que as baixadas das portaxes da AP-9 puidesen entrar en vigor no día 1 de xaneiro. Aliás, a forza nacionalista pregunta tamén cales son as previsións do Goberno para comezar a aplicar as medidas previstas no Acordo de Investidura asinado a 4 de xaneiro do pasado ano: descontos para as persoas usuarias recorrentes, absorber a suba anual de 1% e gratuidade do tramo Vigo-Redondela.
O deputado nacionalista, Néstor Rego, criticou as declaracións do Secretario Xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez, en que fala de que as baixadas e descontos se producirán “no primeiro semestre deste ano” porque elaborar o Real Decreto “é complexo”. “É absolutamente inadmisíbel que a estas alturas se estea a falar dun prazo de seis meses cando tiveron desde xaneiro de 2020 para prever os cambios normativos necesarios. Queren que creamos que elaborar ese decreto leva ano e medio? É que pretenden rirse de todos os galegos e galegas? O BNG non o vai consentir”, advertiu.
Rego reiterou que a fronte nacionalista considera máis que suficientes tres semanas para que o Ministerio poida proceder a aprobar os cambios regulamentarios e a probar o Real Decreto para que neste mes de xaneiro ou 1 de febreiro como moi tarde entren en vigor as novas tarifas con rebaixas e descontos para as persoas usuarias recorrentes e tamén a advertencia de que se así non for, o BNG chamará a sociedade galega a se mobilizar para forzar o Goberno “a cumprir o previsto no acordo de investidura e a asumir na práctica os compromisos coa Galiza”.
O deputado do BNG no Congreso chamou o Partido Socialista a rectificar canto antes o que considera “unha política deliberada de dilación dunha medida longamente agardada” pois o descontento na sociedade galega vai en aumento despois de que se anunciase que a AP-9 voltaba a subir e a ser de novo a autoestrada do Estado español en que as portaxes máis se incrementaban. “Non sei se o PSOE é consciente do crecente enfado tanto de particulares como de profesionais que estaban esperando descontos e o Goberno lles presenta novas subas. Se non rectifican canto antes, van ter que dar moitas explicacións”, declarou.
Rego lembrou que levamos 40 anos de subas continuadas das portaxes e de prolongación da concesión como consecuencia da xestión levada até agora polos sucesivos gobernos, quer do PSOE quer do PP. “Neste ano, grazas ao BNG, baixarán por primeira vez na historia as peaxes da AP-9 e non hai ningunha razón para seguir demorándoas máis” sinalou.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL