O BNG de Vigo dirixiuse onte xoves á delegada da Xunta de Galicia na cidade, Corina Porro, para demandarlle a intervención inmediata da residencia de maiores DomusVi de Barreiro, após se detectar 38 casos de coronavirus.
O concelleiro do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas, reclamou que o Goberno galego “exerza as súas competencias e proceda a intervir a residencia, asumindo a dirección e a xestión do centro, reforzándoo cos medios humanos e materiais necesarios e valorando o traslado, inda que for parcial, dos seus usuarios a outras dependencias nas que se garantan todas as medidas preventivas para evitar novos contaxios así como a atención sanitaria que necesitan”.
Igrexas alertou de que xa son 33 os contaxios entre usuarios e usuarias, o que representa preto do 25% do total, e que está aumentando “perigosamente” tamén entre o persoal, con 5 casos até o momento. Desde a fronte nacionalista apuntan a que a Xunta é titular de diferentes dependencias na cidade que poderían ser utilizadas para o traslado das persoas usuarias, como o antigo centro de especialidades da Doblada, a residencia Altamar ou a hospedaría e antigo centro de saúde da Casa do Mar.
A fronte nacionalista faise eco das denuncias que apuntan a que o centro continúa sen contar cos medios necesarios para enfrontar con garantías esta situación de emerxencia sanitaria, coa falla de EPIs para o persoal. Ademais, tampouco se estaría a facer efectivo o illamento dos contaxiados dado que o confinamento estase a facer en cuartos compartidos e sen que exista na práctica unha área delimitada e isolada. Igrexas tamén advirte da “falla de transparencia e a opacidade” coa que a dirección de DomusVi está a xestionar esta situación e que mesmo motivou a intervención da policía local de Vigo a petición das familias que se manifestan “desesperadas” pola ausencia de comunicación e información completa.
“Hai que actuar xa, con responsabilidade, para garantir o dereito á saúde e protexer a vida dun colectivo de risco como son as persoas maiores. Non podemos agardar a que esta situación límite se converta en desgraza”, esixiu Igrexas, advertindo que a situación de DomusVi en Barreiro xa superou en alcance á crise rexistrada na residencia San Carlos en Celanova. Tamén demandan a inspección de todas as residencias de maiores da cidade.
Igrexas tamén lamentou que a Xunta de Galiza non estea a exercer as súas competencias nin a poñer en marcha todas as súas capacidades para enfrontar esta crise sanitaria “sen precedentes”.
“A única achega da Xunta no principal foco de contaxio a nivel galego que somos Vigo e a súa área sanitaria, ten sido apenas a propaganda”, criticou, aludindo á “escenificación propagandística” da fotografía “rídicula e ofensiva” de Corina Porro trasladando material preventivo “que sigue sen chegar aos lugar nos que se precisa”. No concreto, criticou que o Goberno galego non entregou nin unha soa unidade dese material ao Concello de Vigo para dotar os servizos municipais que, polo seu carácter esencial, están funcionando, como son o Servizo de Axuda no Fogar, Cedro ou o albergue.
“Non é momento de escenificacións, cómpre pasar á acción de maneira decidida, e poñendo todos os medios que sexan necesarios e adoptando as medidas que sexan precisas. Non facelo supón poñer en risco a saúde e a vida das persoas. Actúen.”, concluía a misiva remitida por Igrexas a Porro.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL