O Bloque Nacionalista Galego denunciou esta mañá o “veto antidemocrático” co que PP e PSOE van “amordazar” as Vigueses Distinguidos deste ano, impedindo que o Pleno poida votar a proposta formulada pola fronte nacionalista para que este ano se recoñecera con esa honra ao Grupo de apoio do Colectivo Musical "La Insurgencia".
O concelleiro do Bloque en Vigo, criticou con dureza que PP e PSOE sumaran os seus votos na Xunta de Voceiros para impedir que o nomeamento suxerido polo Bloque se incorporase na proposta que se someterá mañá a votación no Pleno da Corporación.
Igrexas lembrou que se trata dun Grupo de Apoio que ten feito un enorme traballo en favor da liberdade de expresión e en contra da causa xudicial que vén de se saldar nunha condena “aberrante e máis propia dun rexime totalitario que dunha democracia que se di consolidada”, con penas de 6 meses de prisión, 8 anos de inhabilitación e multas de 1200 euros contra un colectivo musical polos versos de varias das súas letras. Aliás, o edil nacionalista remarcou que 5 das 12 integrantes de ‘La Insurgencia’ son viguesas e vigueses.
“Non sorprende a posición do PP, pero estamos a ver como o PSOE que prometeu até a extenuación que derrogaría a Lei Mordaza agora lle vira as cotas a un grupo de artistas que ven conculcada a súa liberdade de expresión e creación cunha sentenza inxusta”, afirmou o edil.
O portavoz municipal nacionalista enfatizou que se trata da “primeira vez na historia democrática da cidade que se veta unha proposta de nomeamento de Vigueses Distinguidos, realizada por unha forza política con representación no Pleno como somos o BNG”.
“Este veto antidemocrático devalúa as máximas distincións do Concello de Vigo, que deixan de ser un recoñecemento de toda a cidade para selo só dunha parte, convertendo as Viguesas e Vigueses distinguidos nunha especie de novo toisón de ouro da orde do Caballerismo” denunciou.
Desde o BNG reclaman respeito cara a “pluralidade e diversidade da cidade” e lamentan que se lle negue ao Pleno a posibilidade de decidir se recoñecía ou non a loita por un dereito democrático fundamental e irrenunciábel como é a liberdade de expresión e creación. “Co seu sectarismo, PSOE e PP amordazan as Viguesas e Vigueses Distinguidos deste ano”, remacha Igrexas.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL