O Bloque Nacionalista Galego vén de esixirlle ao Goberno municipal de Vigo que actúe fronte os graves incumprimentos da UTE que xestiona o servizo de mantemento de zonas verdades da cidade. A formación nacionalista advirte que non se pode permitir que unha empresa que recibe millóns de diñeiro público do Concello de Vigo vulnere dereitos sindicais e laborais e non se cumpra o prego de adxudicación.
O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, mantivo na mañá deste mércores un encontro co presidente e o secretario do Comité de Empresa da UTE Acciona Medio ambiente-Mantén, Alfredo Filgueira e Marcos Álvarez, para poñer en común a situación do servizo que vén de motivar a convocatoria dunha folga indefinida a partir do vindeiro luns 19 de abril.
Igrexas recolleu a denuncia de “graves incumprimentos” por parte da UTE, entre os que mencionou o impago do plus de tóxicos ao cadro de persoal, o incumprimento do convenio colectivo no proceso de cambio de empresa adxudicataria, ou a modificación “unilateral, ilegal e sen negociación” da xornada de traballo que dificultará a conciliación de vida persoal e familiar e a laboral.
Un dos aspectos máis preocupantes para o concelleiro do BNG é o “flagrante incumprimento” por parte da UTE no relativo á contratación de persoal. “Estanse a facer contratos a tempo parcial e o que é máis grave, non se está a garantir o mínimo de 109 traballadores e traballadoras en activo”, denunciou. Neste sentido, apuntou que a dotación de persoal é “moi axustada” para atender debidamente os preto de 3 millóns 100 mil metros cadrados de superficie de zonas verdes, lembrando que con menos extensión hai unha década chegaron a traballar 130 persoas no servizo.
O edil nacionalista subliñou que a finais do pasado ano 2020 se adxudicou o servizo por 33,6 millóns de euros durante os próximos 5 anos. Por iso, esixiulle ao Goberno municipal que actúe de maneira inmediata para atallar a situación denunciada polo Comité de Empresa a quen lle trasladou o seu completo apoio a poucos días de que se inicie a folga indefinida.
“Abel Caballero non pode volver dicir que isto non vai con el. Porque falamos dun servizo municipal, pagado con moito diñeiro das viguesas e vigueses e por iso non podemos permitir que nel se vulneren dereitos laborais e se incumpra de maneira flagrante. Hai que acabar coa barra libre do Concello coas grandes empresas adxudicatarias”, remachou.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL