Continúan as reaccións tras a marcha de Ryanair en Vigo despois de non ter chegado a un acordo económico co Concello. Desde o BNG apostan por planificar o futuro da terminal viguesa “con luces longas” facendo que non dependa de “decisións arbitrarias dunha aeroliña”. Nese sentido, o candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, vén de demandar que "tanto goberno galego como do estado" aposten polo aeroporto vigués e acheguen os "recursos necesarios" para desenvolver as súas potencialidades tanto no tránsito de viaxeiros e viaxeiras como tamén no transporte de mercadorías.
Para o Bloque ten que haber un "apoio real e efectivo" de ambas as dúas administracións pois a terminal, enclavada na principal cidade galega é importantísima tanto en termos loxísticos como estratéxicos na eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. “Peinador é moito máis que o aeroporto de Vigo e da súa área metropolitana”, reivindica Igrexas. Emporiso, o candidato nacionalista demanda a posta en marcha dun Plano de Dinamización do Aeroporto de Peinador, no que se implique tanto o goberno galego como o español. Unha planificación que evite que Peinador estea sometido ás dinámicas conxunturais de aeroliñas e que permita consolidar e alargar a oferta de vóos, con máis itinerarios e frecuencias.
A formación nacionalista demanda tamén que se acometan melloras na accesibilidade e conectividade da terminal aeroportuaria. Para iso volven demandar a necesidade dun enlace directo que conecte Peinador coa AP9, por ser a principal infraestrutura viaria que atravesa a cidade, dado que o actual vial de conexión é insuficiente e cun trazado pouco operativo. Esta cuestión foi unha das reclamacións formuladas polo Bloque á proposta de Orzamentos Xerais do Estado para este 2019.
Tamén insisten en que ten que haber unha liña de autobús regular e directa que comunique o aeroporto coa cidade e singularmente coas dúas estacións de tren e a terminal de autobuses. “Non ten ningún sentido que a única liña de autobús urbano ao aeroporto sexa a 9A. Un aeroporto como Peinador merece unha liña directa como teñen outras cidades galegas”, demanda o candidato nacionalista. Igrexas lembra que as emendas nacionalistas ao proxecto de orzamentos da Xunta para este 2019 reclamaban unha partida de 300 mil euros para esta finalidade, que foi rexeitada polo Partido Popular.
De cara a impulsar as “potencialdiades hoxe practicamente desaproveitadas” en relación ao transporte de mercadorías, propoñen dotar a Peinador dunha área loxística nas súas inmediacións.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL