O Bloque Nacionalista Galego de Vigo vén de reclamar explicacións este luns ao Goberno municipal sobre os avances en materia medioambiental tras cumprirse máis de dous anos da declaración de emerxencia climática na cidade, aprobada por unanimidade no Pleno en setembro de 2019. A forza nacionalista trasladou esta cuestión ao goberno local na última comisión informativa de Medio Ambiente ante "o desinterese e a falta de medidas despregadas neste tempo", argumentan dende a formación nacionalista.
“O BNG xa advertimos que esta declaración non podía ficar en papel mollado”, subliñou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas. “Queremos que Abel Caballero e o seu Goberno expliquen se van mantela como un brinde ao sol ou imos afrontar a serio este reto ambiental”, explicou Igrexas, que chamou a apostar por "un Vigo con futuro, que só pode ser un Vigo en verde”.
O concelleiro do BNG exemplificou o "desleixo" do actual Goberno municipal recordando que o Consello Sectorial de Medio Ambiente, máximo organismo consultivo do Concello de Vigo nesta materia, leva máis dunha década sen realizar unha reunión. “Para alén das declaracións de intencións e dos discursos, o que vemos é un Goberno que lle vira as costas a unha cuestión esencial, estratéxica e urxente”, manifestou.
Igrexas defendeu que avanzar cara “un modelo de cidade ecoloxicamente sustentábel debe ser unha prioridade na axenda política municipal”. Así, salientou que Vigo segue a emitir na actualidade o duplo de gases contaminantes que recomendan os niveis da Organización Mundial da Saúde e ten un elevado tráfico rodado, con máis de 150.000 coches rexistrados.
“Non existe unha alternativa real á utilización do vehículo privado por insistir nun modelo de autobús urbano obsoleto, deseñado nos anos 90. Non conta coas frecuencias necesarias e ten un mapa de liñas que non responde ás necesidades do conxunto dos barrios e das parroquias nunha cidade tan extensa e complexa como Vigo”, explicou Igrexas.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL