O Concello de Salceda de Caselas segue a atender á veciñanza afectada polo procedemento iniciado de oficio polo Ministerio de Hacienda a través do Catastro nos concellos de Mos, O Porriño, Bueu e Salceda. A oficina habilitada con catro persoas leva atendido xa máis de 600 notificacións nestas dúas semanas, que fundamentalmente responden a erros de titularidade ou medicións. A próxima semana a oficina funcionará tamén polas tardes, para poder deste xeito atender a un maior número de persoas. Dende o Concello agradecen a comprensión e paciencia da veciñanza, pois tendo en conta que dende o catastro se enviaron 15.500 notificacións, non sempre está a resultar doado conseguir cita tan rápido como sería desexable.
A petición do Concello, Catastro confirmoulle que ampliará o prazo de alegacións dun mes proposto inicialmente, polo que a veciñanza poderá ser atendida no Concello ainda que o prazo de espera supere os 30 días. O Partido Popular presentou tamén unha solicitude de pleno extraordinario, con propostas de facilidades de pagamento dos recibos, unha vez que coinciden en que o proceso é inevitable para a veciñanza. O equipo de goberno está en contacto dende o inicio do procedemento tanto con catastro como coa ORAL, na busca precisamente de facilidades para aquelas persoas que precisen acollerse a formas de fraccionamento ou aprazamento dos recibos. Unha vez a ORAL plantexe as diferentes alternativas que se poidan ofrecer, darase traslado das mesmas á veciñanza para que cada quen se acolla á posibilidade que máis lle beneficie segundo as súas circunstancias.
Tamén dende o Concello se ten iniciado xa o proceso de modificación da ordenanza reguladora do IBI, coa solicitude de informes a intervención e servizos sociais sobre a viabilidade de establecer unha rebaixa no tipo impositivo ou a opción de realizar bonificacións fiscais aos colectivos máis desfavorecidos. En todo caso, esta posible modificación non estaría vixente ata o ano 2022.
Un dos problemas no caso do Concello de Salceda de Caselas é a vixencia dunhas normas subsidiarias aprobadas no 1997, nas que os núcleos rurais son demasiado extensos e inclúen como urbanizables parcelas que na práctica non o son, por non ter a superficie mínima, por estar á beira de ríos e regatos, etc., e que con esta revisión pasan a tributar como fincas urbanas. O PXOM proposto polo goberno no 2016 solucionaría a práctica totalidade destes casos.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL