Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
O Verdoejo Art Rock contribuirá coa reforestación dos montes de Salceda - Metropolitano

O Verdoejo Art Rock contribuirá coa reforestación dos montes de Salceda

Os lumes queimaron 49.000 hectáreas en toda Galicia // Fabio Alonso

O Verdoejo Art Rock, que vén de presentar a súa cuarta edición na Casa da Cultura de Salceda de Caselas, destaca este ano pola súa labor social, solidaria e de sostenibilidade, ao centrarse nas consecuencias dos incendios do pasado mes de outubro.

A cita coa nova escena da música galega e portuguesa, que se celebrará do 27 ao 29 de xullo na fronteiriza Valença, destinará parte da recadación a favor da reforestación das áreas queimadas en Verdoejo (Valença) e en San Xurxo (Salceda de Caselas) durante os incendios do pasado mes de outubro.

Así, a organización do festival comunicou que “por cada entrada vendida, a organización doará un euro para reforestar as áreas”. O festival promove a arte, a cultura, o benestar da cidadanía e a protección da natureza, coa idea fundamental de fusionar cultura e natureza, nun festival pensado a nivel de Eurorexión, con artistas de ámbalas dúas marxes do Miño.


Consuta a programación do Festival: indie, rock e pop de Galicia e Portugal nas beiras do Miño


Salir de la versión móvil