Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
Descubre o patrimonio de Tomiño en vídeo grazas a Erasmus+ Memorie(s)

O patrimonio de Tomiño, en vídeo para toda Europa

O IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, vén de publicar o vídeo resultado do proxecto Erasmus+ Memorie(s) que realiza un percorrido por parte do patrimonio cultural e natural do Concello.

Facendo pequenas presentacións en diferentes lugares que forman parte da memoria familiar e persoal dos alumnos e alumnas do IES Antón Alonso Ríos, o documento audiovisual ao abeiro do Proxecto Erasmus+ busca poñer en valor aqueles lugares que forman parte da memoria individual e colectiva.

Organizado en coordinación con centros de Alemaña, Francia, Grecia, Italia e Portugal, este vídeo proxectarase en varios países, achegando a identidade do pobo tomiñés ao resto de Europa. Son 19 minutos de percorrido por distintos puntos da vila nun vídeo gravado en galego e subtitulado ao francés, lingua vehicular acordada polos países que forman parte do Proxecto Erasmus+ Memorie(s).

O vídeo comeza o seu percorrido no miradoiro do Niño do Corvo, que pasa por lugares como a Fortaleza de Goián, o santuario de San Campio de Lonxe, a Pedra Furada de Vilachán, os muíños de Vilameán, os petróglifos do monte Tetón, a igrexa de Santa María de Tebra, a ponte vella de Taborda sobre o río Cereixo... e que remata no mercado municipal e na Praza do Seixo.

Salir de la versión móvil