Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
Pontón propón unha axuda de 300€ a autónomos para paliar os prezos de enerxía e carburantes - Metropolitano

Pontón propón unha axuda de 300€ a autónomos para paliar os prezos de enerxía e carburantes

A portavoz do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, propuxo esta mañá que a Xunta de Galicia articule unha axuda de 300 euros para os autónomos, destinada a "paliar os efectos da subida dos carburantes e da enerxía".

Así o fixo saber nunha visita a Ourense onde relatou que se trataría dunha medida "puntual e de choque", que vai recollida no Plan de Resposta á Crise dos Prezos, con mobilización de 1.000 millóns de euros que a formación defenderá no Parlamento galego para "axudar a moitos autónomos e pemes que o están pasando mal".

Explicou que o plan recolle un conxunto de medidas para facer fronte á actual crise porque "non se entende que mentres outros gobernos autonómicos toman decisións nesa dirección a Xunta simplemente ponse de perfil", ante a que cualificou como "a maior crise de prezos dos últimos 40 anos". Por iso manifestou que o Executivo galego "debe abandonar a súa pasividade e porse á fronte para axudar nunhas circunstancias de máxima dificultade".

Salir de la versión móvil