Un nutrido grupo de traballadore e traballadoras de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, mobilizouse hoxe diante do consistorio para forzar a intervención do alcalde no conflito laboral que os mantén en folga indefinida dende o pasado luns día 13. A CIG denuncia que os responsábeis municipais negáronse a recibir aos representantes do comité de empresa por segunda vez nesta semana, tras intentalo tamén o mércores.
O persoal de Vitrasa concentrouse diante do Concello arredor das 9:00 horas aproveitando a visita da secretaria de Estado de Transportes, que finalmente non accedeu pola porta principal, onde os traballadores e traballadoraas despregaron varias faixas e desenvolveron unha ruidosa protesta.
A mesmo tempo, unha representación do comité de empresa accedeu ao interior do edificio coa intención de solicitar unha xuntanza co alcalde ou con algún responsábel municipal de transportes. "Por segunda vez nesta semana, tras o intento do mércores, negáronlles a posibilidade de seren recibidos para abordar o conflito laboral". Neste senso, días atrás animaron o alcalde a revisar o prego de condicións do concurso de adxudicación do servizo e transporte urbano, “xa que despois de moitos días manifestando que Vitrasa é unha empresa privada e que non lle corresponde ao Concello mediar neste conflito deberan saber que o artigo 37 sobre control e inspección do servizo que ofrece a concesionaria di que o Concello estará facultado para esixirlle a xustificación de ter cumprido todas e cada unha das obrigas de carácter laboral e de Seguridade Social en relación cos seus empregados/as”.
Lembran que levan meses solicitando unha intervención do Goberno local ante os incumprimentos reiterados das obrigas laborais que marcan tanto o convenio colectivo como o Estatuto dos Traballadores/as. "Incumprimentos que o propio o réxime sancionador do prego considera o incumprimento das obrigas laborais como falta moi grave e establece que serán sancionadas con multas de entre 500.001 e 1.000.000 pesetas (3000 e 6000 euros)". A isto hai que engadir a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 que declarou abusivos os servizos mínimos decretados no mes de outubro por vulnerar o dereito de folga, polo que o comité reclama a redución dos actuais servizos mínimos, “xa que se mantén practicamente a mesma porcentaxe”.
Precisamente co obxectivo de poñer fin aos incumprimentos da empresa a representación sindical mantivo o martes unha xuntanza coa coa Inspección de Traballo na que denunciou tanto os incumprimentos do convenio colectivo como dos requirimentos da propia autoridade laboral, así como a vulneración do dereito de folga coa eventual de traballadores/as durante os paros e mediante a ocultación de información relativa aos servizos realizados durante a folga. Ao día seguinte unha representación do comité acudiu ás instalacións do Concello para solicitar unha reunión formal co alcalde ou con algún/ha responsábel de transporte, petición realizaron en varias ocasións dende o mes de agosto “sen resposta da Alcaldía até o momento”.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL