Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
Tui reactiva o control na zona azul gratuíta con limitación de tempo - Metropolitano

Tui reactiva o control na zona azul gratuíta con limitación de tempo

A partir deste xoves 1 de agosto, reactivarase o control na zona azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Esta zona azul abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada, e as rúas Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías. O estacionamento gratuíto limitado no tempo a hora e media aplícase nestes viarios de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, salvo domingos e festivos, segundo se recolle na Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.

A Policía Local encargarase de controlar estas prazas para “garantir así a mobilidade dos vehículos estacionados”, apuntan dende o goberno municipal. Lémbrase que se debe colocar o disco horario coa hora de chegada en lugar visible no parabrisas. O disco pódese adquirir, por un prezo de 0,60 euros, na tesourería na casa do Concello. Tamén se pode empregar o disco de zonas azuis doutros concellos.

Por outra parte, o Concello de Tui lembra que no centro urbano existen zonas de estacionamento sen límite de tempo coma o aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, e os habilitados na rúa Irmáns Maristas, A Guarda e Coengo Valiño.

Salir de la versión móvil