Os hábitats mariños das Illas Cíes serán o laboratorio de probas natural para experimentar e levar a cabo o traballo de campo do proxecto Alganat2000, unha investigación pioneira a cargo dun equipo científico da Universidade de Vigo e que centra o seu estudo en cinco especies de macroalgas co fin de garantir a xestión sustentable e conservar a biodiversidade en áreas mariñas protexidas nas que se desenvolve unha actividade pesqueira.
O obxectivo principal de dos once investigadores que conforman o equipo é aportar unha ferramenta xeoespacial, innovadora e de baixo custo para facer unha cartografía e monitorización periódica das macroalgas presentes no medio mariño, así como do seu estado fisiolóxico. A importancia desta novidosa técnica reside en que permitirá reducir os custos das mostraxes de campo ao pasar dos actuais operativos in situ, que precisan mobilizar moitos recursos tanto humanos como económicos, a outros de tipo remoto e baseados na teledetección.
Ademais, Alganat tamén permitirá incrementar o coñecemento científico-técnico que se ten das áreas mariñas e facilitar a transferencia de resultados tanto ao sector pesqueiro como a outros organismos públicos encargados da xestión destes espazos co fin de potenciar unha pesca sustentable.
As macroalgas cumpren unha función clave na captación do carbono e proporcionan ademais o seu hábitat a numerosas especies mariñas, incluíndo aquelas de interese comercial, de aí a importancia de dispoñer de información periódica sobre o seu estado fisiolóxico e abundancia nos hábitats intermareais. Debido á súa composición bioquímica, as algas utilízanse para a produción, entre outros produtos, de antibióticos, cosméticos, fertilizantes e bioindicadores.
Cunha duración estimada dun ano e un orzamento total próximo aos 200.000 euros, Alganat2000 está financiado con fondos públicos nun 75% a través do programa PLEAMAR, no que colabora a Fundación Biodiversidade. O proxecto arrancou oficialmente o pasado febreiro, coa análise e avaliación da información e o deseño de casos piloto para a realización do traballo de campo. Nestes momentos, a investigación céntrase xa na parte práctica, coa cuantificación e avaliación do estado fisiolóxico in situ de cinco especies de macroalgas presentes nas áreas mariñas das Cíes, utilizando para elo cuadrículas de 50x50 centímetros.
O proxecto tamén prevé o emprego de drons, grazas aos cales o ámbito de estudo estenderase a áreas maiores. Así mesmo, nunha fase posterior procederase á adquisición, calibrado e procesamento de imaxes de satélite que permitan analizar xa de xeito automático os datos das macroalgas. A partir da combinación das imaxes satelitais e das obtidas desde vehículos aéreos non tripulados, os investigadores agardan desenvolver unha metodoloxía baseada en técnicas xeoespaciais, automatizada e innovadora, que permita facer unha xestión máis sustentable das áreas mariñas.
Ademais, o Parque Nacional comezará a organizar este mes as primeiras actividades de transferencia previstas entre os obxectivos do proxecto. Así, o vindeiro mércores 18 de xullo celebrarase na Casa da Navegación de Baiona un taller formativo orientado ao sector pesqueiro e no que expertos afondarán no papel das algas como base da cadea trófica e a problemática á que se enfrontan no actual escenario de cambio climático, o que fai máis necesario ca nunca monitorizar a súa abundancia e estado fisiolóxico mediante a aplicación de técnicas rápidas, efectivas e cun baixo custo.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL