O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns que o Concello tomou a decisión de aprazar os pagos de todas as taxas municipais. O rexedor explicou que toda a información relativa ao aprazamento de tributos estará colgada na páxina web do Concello nas vindeiras horas.
Así, respecto ao aprazamento de pago de taxas de vehículos, que era do 1 de abril ao 5 de xuño, pasa a ser do 4 de maio a 6 de xullo. Esta imposto afecta a un total de 200.000 vehículos. No tocante ao imposto de plusvalía, amplíase o prazo de pagos das liquidacións xa notificadas ata o 30 de abril.
Sobre instalacións, construcións e obras (ICIO) aprázase ata o 30 de abril ou ata o 20 de maio as débedas que tiñan que pagarse antes do 14 de marzo. Ademais, o pago do fraccionamento de IBI, IAE e todos os tributos, se a obrigación era anterior ao 18 de marzo trasládase ao 5 de maio. Non caso de as datas posterior ao 18 de marzo trasládase ata o 20 de maio.
Todas as contestacións a requirimentos quedan aprazadas. “Aprazamos todos os pagos porque é un momento no que a economía está débil e non queremos causas máis quebrantos e segundo porque os que fan pago presencial teñen que quedar na casa”, apuntou o alcalde.
Galicia cuenta con algunas medidas que permiten un alivio fiscal en la declaración de la Renta 2024. ¡Consúltalas aquí!
El hombre, al que le interceptaron cocaína, forcejeó con el responsable del local y a otro cliente. Fue en el centro de la ciudad
Vigo ya no es la ciudad más feliz de España, así queda ahora el ranking nacional y del mundo. Y tú, ¿te sientes menos feliz ahora que hace un año?
Vigo, muy presente en las nuevas recomendaciones de la Guía Michelin de marzo. Dos restaurantes de Galicia con "sabor" a Vigo
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL