A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Fornelos, Emiliano Lage, asinaron hoxe un convenio polo que a Escola de Cantería cederá unha peza de máis de dous metros de altura coa figura dun bombeiro coa que o Concello quere realizar unha homenaxe aos brigadistas forestais Julio Martínez da Silva e Rodrigo Amo González que faleceron nun incendio no ano 2010.
Silva salientou que, esta obra realizado polo alumnado da escola de Cantería de 4.200 quilos, ten por obxectivo “render homenaxe a todas as persoas brigadistas da provincia pola súa defensa dos montes, pero en particular, aos falecidos o día 12 de agosto do 2010 en Fornelos”. A Presidenta recordou que o “12 de agosto de 2010 faleceron en Fornelos de Montes os brigadistas Julio Martínez Da Silva, natural de la parroquia de Estás en Tomiño e de Rodrigo Amo González, veciño da parroquia de Priegue en Nigrán”. Ambos bombeiros traballaban no incendio da parroquia de Oitaven en Fornelos que afectou máis de cen hectáreas de superficie no mes de agosto de 2010.
Carmela Silva subliñou que o alcalde de Fornelos levaba tempo reclamando este convenio para poder inaugurar a praza coa cal queren render unha homenaxe a estes dous brigadistas “porque a realidade e que todos os veráns temos moitas persoas adicadas a extinción dos incendios nos nosos montes. De feito, onte mesmo en Gondomar adicamos outra figura a estas persoas que traballan na extinción e agora queremos facer este recoñecemento en Fornelos”.
Tras a firma do convenio comezarán de inmediato os traballos para a colocación da escultura e a súa posterior inauguración nun acto de homenaxe aos dous falecidos e a todos os brigadistas.
La Xunta consolida la matrícula gratuita para universitarios que cursen un mínimo de 60 créditos. También para enseñanzas artísticas superiores
Un falso techo se desprendió este fin de semana en el Hospital Materno Infantil de Ourense. Piden una "solución urgente" al Sergas
En Pontevedra hubo un total de seis accidentes, que se produjeron en Ponteareas, Sanxenxo, Crecente, Vigo, Tomiño y Cerdedo-Cotobade
El individuo intentó, agarrando del pelo a la víctima, que le realizase una felación en los baños de un aparcamiento
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL