A Marcha Mundial das Mulleres vén de convocar unha decena de mobilizacións e concentracións en Galicia para amosar o seu rexeitamento á sentenza aos membros de La Manada, acusados de violar en grupo a unha moza durante os San Fermines de 2016.
A Audiencia de Navarra condenou a José Ángel Prenda, Alfonso Cabezuelo, Antonio Manuel Guerrero, Jesús Escudero e Ángel Boza, coñecidos como La Manada, forma da que eles mesmo se denominaban, a nove anos de cárcere por un delito continuado de abuso sexual. O tribunal considera así que cometeron un delito de abuso sexual e non de agresión sexual tal e como pedía a Fiscalía e a Acusación particular con penas de 22 anos.
O tribunal entende que os condenados exerceron sobre a rapaza, de 18 anos naquel momento, actos contra a liberdade sexual “sen violencia ou intimidación” e sen consentimento, tal que como define o Código Penal o delito.
Ante esta resolución, sobre a que cabe recurso, a Marcha Mundial de Mulleres de Galiza convoca á cidadanía a diversas concentracións “contra a xustiza machista” que, din, “volve golpear nos dereitos das mulleres”. Baixo o lema de “non hai xustiza posible nunha sociedade machista” a organización levará a cabo mobilizacións en diferentes cidades e vilas galegas.
En concreto, en Vigo será ás 20:30 horas fronte ao museo MARCO, en Cangas, ás 20:00 horas ás portas do Concello, en Ponteareas ás 20:00 horas diante dos Xulgados e en Redondela ás 20:30 horas tamén fronte aos Xulgados.
As primeiras reaccións no campo da política tampouco se fixeron esperar. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou esta tarde a súa incredulidade ante o feito de que non se considere que “esa muller foi violada por cinco homes”. A presidenta da Deputación asegurou “respectar as sentenzas xudiciais” toda vez que engadiu que “no noso país non hai leis que garantan a liberdade, a seguridade e os dereitos das mulleres”, como, na súa opinión, reflexa o caso de La Manada. “É incomprensible”, rematou Silva.
Pódeche interesar: Así viviu Vigo un 8 de marzo histórico polos dereitos da muller
La Xunta consolida la matrícula gratuita para universitarios que cursen un mínimo de 60 créditos. También para enseñanzas artísticas superiores
Un falso techo se desprendió este fin de semana en el Hospital Materno Infantil de Ourense. Piden una "solución urgente" al Sergas
En Pontevedra hubo un total de seis accidentes, que se produjeron en Ponteareas, Sanxenxo, Crecente, Vigo, Tomiño y Cerdedo-Cotobade
El individuo intentó, agarrando del pelo a la víctima, que le realizase una felación en los baños de un aparcamiento
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL