Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
O Primavera do Cine muda de datas por culpa da crise do coronavirus - Metropolitano

O Primavera do Cine muda de datas por culpa da crise do coronavirus

Imaxe de Arquivo

O Primavera do Cine tamén muda de datas. A organización do festival de cine vigués comunica que a nova edición do certame, inicialmente programada para a segunda semana do mes de maio, terá lugar finalmente do 15 ao 20 de setembro. Con todo, o equipo que fai posible o evento sinala que seguirán “atentamente as recomendacións e obrigas propostas polas autoridades sanitarias e as administracións competentes”.

O festival vigués presenta o cartaz desta nova edición, unha imaxe creada pola deseñadora María Llauger, quen xa leva catro edicións embelecendo a gráfico do evento. O Primavera do Cine manifesta a través dun comunicado “a máis profunda solidariedade coas vítimas do COVID19, coas súas familias e a súa xente máis próxima”. O certame de cine expresa o agradecemento a todas as persoas que traballan cada día “para que o mundo, malia todo, continúa xirando”.

A decisión do Primavera do Cine coincide con outros eventos de cine como o Play-Doc de Tui ou o Festival de Cans. Ambos festivais xa anunciaron fai unhas semanas o cambio de datas. A cita na parroquia porriñesa terá lugar do 2 ao 5 de setembro mentres que o evento tudense aínda non anunciou as datas definitivas desta edición.

Salir de la versión móvil