A Biblioteca Pública Municipal de Tui completa a súa oferta de actividades de Nadal este xoves 2 de xaneiro, ás 17:00 horas, cunha sesión de contacontos dirixida a bebés e nenos e nenas con idades entre 0 e 3 anos. Esta proposta de ocio infantil correrá a cargo de Migallas Teatro co título de “Os contos do chupete”.
Este espectáculo trátase dunha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, canción e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que poderá gozar toda a familia.
A actividade parte de que Bea ten un problema. O seu lobo leva chupete. Cada vez que llo intentan quitar, chora. Pero chora moito, a quen se lle conte, un lobo con chupete! Está desconsolado. Contos, cantos e cancións serán a solución. É unha sesión de contacontos na que participan tanto os cativos e as cativas como os seus pais e nais, pois está orientada para toda a familia.
A Concellería de Cultura tudense continúa con esta actividade promovida pola Biblioteca Municipal a súa aposta pola promoción e animación á lectura entre todos os segmentos de idade, neste caso para os usuarios máis cativos, para eles tamén hai sitio no espazo cultural.
El Centro Comercial Travesía, una "factoría de filloas" este lunes en una actividad para niñas y niños que tendrá lugar de 17:30 a 20:00 horas
El parque de atracciones de los más pequeños de la casa está situado en el norte de Portugal, a menos de dos horas desde Vigo
El próximo sábado 15 de febrero, el Casco Vello de Vigo acogerá la VIII Merdeirada Cativa, una cita pensada para los más pequeños
Vialia Vigo acoge este viernes y este sábado en diferentes horarios el taller de cocina para peques “Crea tu pizza”
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL