Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
Nesta exposición de Gondomar está "prohibido non tocar" - Metropolitano

Nesta exposición de Gondomar está "prohibido non tocar"

Por que voa un avión? Como se mergulla unha submarino? Estes e moitas máis preguntas serán respondidas entre o 3 e o 5 de novembro en Gondomar no seu “Museo Científico”.

A actividade, eminentemente práctica, está enfocada para nenos e nenas a partires dos 11 anos e contará con até 70 obxectos que os achegarán a ciencia dunha maneira “atractiva, interactiva e práctica”.

A mostra, que xirará en torno ao lema de “prohibido tocar”, poderá visitarse no Auditorio Lois Tobío de Gondomar e contará con acompañamento e guía de profesionais en grupos reducidos de 20 persoas.

Así, o venres haberá unha visita entre as 18:00 e 19:30 horas, namentres que o sábado e domingo celebraranse dúas quendas, unha ás 17:00 e outra ás 19:00 horas. Debido a necesidade de organización dos grupos, é necesario inscribirse previamente, de forma gratuíta, no teléfono da OMIX (86.369.746). O prazo para anotarse rematará o 2 de novembro.

 

Salir de la versión móvil