Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
Andaina saudable por Tomiño e Cerveira para celebrar a súa “amizade” - Metropolitano

Andaina saudable por Tomiño e Cerveira para celebrar a súa “amizade”

Quince anos de unión ben merecen unha festa. Tomiño e Vila Nova de Cerveira festexan os tres lustros da apertura da Ponte Internacional da Amizade organizando a segunda edición da andaina saudable, unha actividade que terá lugar o vindeiro domingo 16 de xuño.

A proba terá unha duración estimada de dúas horas e media e transcorrerá por terras de ambas localidades transfronteirizas. Cunha dificultade media-baixa, sairá ás 10:00 horas (hora galega) dende o Espazo Fortaleza de Goián para seguir por Eiras, Ponte da Amizade, Lenta e INATEL e regresar pola Ponte da Amizade ao Espazo Fortaleza de novo.

A inscrición é de balde. Só hai que enviar nome e apelidos, número de DNI, data de nacemento e teléfono ao correo electrónico geral.manos.sa@gmail.com antes do xoves 13 de xuño.

Salir de la versión móvil