Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
20 anos de folk co Festival Algazara en Ponteareas

20 anos de folk co Festival Algazara en Ponteareas

Este sábado e domingo, 25 e 26 de novembro, a agrupación folclórica Algazara de Soutelo-Celeiros celebra, en colaboración co Concello de Ponteareas e a Deputación de Pontevedra, o 20ª Festival Algazara no auditorio municipal de Ponteareas. Todos os concertos son de balde.

Deste xeito, o sábado ás 19:30 horas actuará a agrupación anfitrioa “Agrupación Folclórica Algazara”, que xurdiu a finais de 1997 cando un grupo de amigos decidiron unirse para formar unha asociación que recupera e difunde bailes e cancións tradicionais de Galicia e, en concreto, da zona de Ponteareas. Arestora, a agrupación conta con corenta membros entre o grupo de baile, os gaiteiros e pandereteiras.

A continuación, actuará a agrupación de danzas Villa de Cuéllar de Segovia. Detrás do seu repertorio de danza, dulzaina, tamboril e rondalla hai un intenso traballo de investigación e recuperación de tradicións e vestiario. Jotas, Seguidillas, Tonadas, Fandangos Castellanos, Corridos e Rodas de toda Castilla e León protagonizarán o escenario do auditorio municipal.

Xa o domingo, ás 18:30 horas, será a quenda do grupo folk Os D´Abaixo, formado por músicos de dous grandes referentes da música en Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca. En Ponteareas presentan “Quixera ser dos paxaros”, o seu segundo disco, primeiro de estudio, composto por temas, case todos inéditos.

Salir de la versión móvil