Este domingo 24 de setembro o Concello de Tomiño pon en marcha unha nova edición do Biomercado, no que terán cabida máis de 60 expositores dos que polo menos 20 estarán dedicados á alimentación saudable.
As diferentes actividades terán lugar na Praza do Seixo, na súa contorna é no mercado. Así mesmo a Casa do Concello albergará diversas charlas e conferencias. Os praceiros do Mercado de Tomiño tamén participan activamente no Biomercado, cunha variada oferta de produtos e actividades.
A programación iníciase coa apertura dos postos ás 11:00 horas. Ao longo de todo o día desenvolveranse obradoiros relacionados coa cociña é a gastronomía, como a elaboración de almíbares, con Amparo Grandío, extracción de mel por Apícola Requeira, comida vegana, etc.
Ademáis Terán lugar charlas de temas diversos como a Vespa velutina a cargo de Claudio Fraga, minicharlas sobre compra saudable, plantas silvestres, interpretación nutricional da etiquetaxe a cargo de Silvia Méndez, etc.
Simultaneamente haberá actividades lúdicas tales como música en directo, zumba, cociña infantil, maxia, e unha intensa actividade de oferta degustativa.
Cabe mencionar, como novidade de interese, as mini charlas na Casa do Concello sobre a lista da compra e técnicas de cociña biosaudables, a etiquetaxe nutricional e o uso das plantas silvestres na alimentación, a cargo da bióloga Silvia Méndez e do experto en agricultura ecolóxica, Sergio Mejide.
O Biomercado consolidase como unha cita anual para a posta em valor é dinamización do comércio local, e supón unha ratificación da aposta do concello polo benestar, a ecoloxía, a biocultura, o mercado de proximidade e a dinamización do mercado local.
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL