Empregar as artes escénicas para reivindicar a igualdade de xénero, concienciar sobre o problema da violencia machista e, sobre todo, unir forzas para loitar contra esta lacra da sociedade. Ese é o obxectivo de ‘Violencia Zero’, un proxecto de acción artística desenvolvido pola Deputación de Pontevedra que chega esta semana ao Rosal para continuar visibilizando e reflexionando sobre a violencia de xénero e promovendo unha sociedade igualitaria.
Este venres 16 de xuño, o centro social a Liga de Amigos acollerá ás 20:00 horas a proposta das artistas Nerea Brey e Miriam Rodríguez. Por un lado, Nerea Brey é actriz, docente de arte dramático, creadora escénica, violinista e narradora oral. Titulada en Interpretación pola Escola Superior de Arte Dramático de Galicia e Máster en Artes Escénicas da Universidade de Vigo. Interpreta o papel de María Casares na produción teatral ‘Despois das ondas’, de ButacaZero; asume varios personaxes na obra ‘O péndulo’, de Inversa Teatro; forma parte do elenco de ‘Soga e Cinsa’, de Aporía Escénica; e protagoniza a obra ‘Entelequias’, con Abismo Caracol. A súa experiencia no audiovisual inclúe a participación na película ‘El cuarto de mona’, ‘O bosque de Levas’ de Ficción Producciones e ’13 exorcismos’, de Atresmedia Cine e Bambú Producciones, entre outros moitos traballos.
Pola súa banda, Miriam Rodríguez é licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e técnica superior de Realización Audiovisual e Espectáculos. Nos seus comezos interésase polo documental, chegando a gañar o Premio Curtocircuíto de Escolas Galegas e o Premio do Público da Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV) xunto con Ale Cid por ‘Home cobaia’, o seu traballo de fin de ciclo. No seu haber ten numerosos galardóns, como o primeiro premio na modalidade de microvídeos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero organizado polo Concello de Vigo ou o premio Xuventude Crea, co que comeza a experimentar coa videopoesía. Crea o colectivo Fiinda xunto co poeta Xabier Xil e o director de fotografía Pablo Kaufmann e no ano 2018 comeza a desenvolver traballos de videocreación para escénicas con compañías como Berrobambán, A Artística, A Quinta do Cuadrante ou Ainé Produccións. En 2021 recibe a beca Residencias Paraíso para a investigación e creación da peza ‘Memorias danzantes’ coa bailarina Olga Cameselle.
A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, convida a todas e todos os rosaleiros a gozar desta acción artística “que busca reivindicar a loita contra as violencias machistas dende a cultura e a arte, unha forma máis de seguir revolucionando mentes, mobilizando conciencias e implicando a toda a cidadanía na transformación da sociedade nunha máis igualitaria e xusta”.
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL