Fillas de Cassandra iniciara este venres, 16 de febreiro, a xira “Últimas Dionisíacas” na súa cidade natal, Vigo. Tras esgotar, en menos de 10 días, os 1.400 billetes dispoñibles para a cita no Auditorio Mar de Vigo, o dúo conformado por María SOA e Sara Faro estreará no hall do recinto o seu novo directo.
O concerto, que comezará ás 22:00 horas, a apertura de portas será ás 21:30 horas, contará coa colaboración de diversas bandas e solistas cuxa participación será toda unha sorpresa para o público asistente.
“Últimas Dionisíacas” é a nova proposta escénica e musical de Fillas de Cassandra, na que as artistas fan unha revisión dos temas máis coñecidos do seu primeiro LP, 'Acrópole', desde unha electrónica máis escura e potente. Tamén recuperan algúns dos sinxelos publicados nos últimos meses e dan a coñecer outros inéditos para o público.
Neste directo, a luz e a escenografía teñen un papel moi relevante; mais unha das principais novidades é que Fillas de Cassandra están acompañadas sobre o escenario dunha banda, que integran Tania Caamaño e Marina Vidal. Desde xeito, e con esta formación, o grupo relevación do panorama musical galego no 2023 aposta pola organicidade do piano, o bombo legüero, as pandeiretas, os pandeiros, violín ou as harmonías vocais en rigoroso directo, mais sen esquecer as bases electrónicas producidas por María SOA e Berto.
O concerto de Ara Malikian previsto para este sábado 17 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo foi cancelado debido a problemas de saúde do artista. "O equipo médico ha aconsellado (ao artista) tomar un descanso da súa apertada axenda de xiras para centrarse na recuperación e o seu benestar", explica a promotora nun comunicado.
O éxito rotundo co que Fillas de Cassandra esgotaron as súas entradas súmase a unha serie de impresionantes eventos no Auditorio Mar de Vigo para os vindeiros meses. As entradas para o concerto de Funzo & Baby Loud, previsto para o 16 de marzo dentro da súa xira de despedida, "Negative Cloud Pa Sempre Tour", tamén se esgotaron en tempo récord.
Pero a emoción non se detén aquí, xa que se aveciñan máis experiencias musicais inesquecibles con Pablo López, para o que restan poucas entradas para o concerto do 14 de marzo. El Barrio, Coque Malla, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Valeria Castro, Malú ou The Jayhawks, as entradas sairán á venda proximamente, forman parte da destacada programación musical que fará vibrar ao público nos próximos meses.
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL