Esta fin de semana o Teatro Municipal continúa coa súa programación cultural deste primeiro semestre de 2018, e faino con dúas proxeccións cinematográficas, unha delas de animación infantil e a outra unha comedia dramática.
O venres, 9 de febreiro, ás 20:00 horas o Teatro Municipal acolle unha proposta para todos os públicos co filme de animación “Ballerina”. Trátase dunha historia dirixida por Éric Summer e Éric Warin pensada especialmente para os nenos e que en 86 minutos conta a historia de Felicia, unha rapaza orfa con grande determinación e o único soño de converterse en bailarina. Para facer realidade o seu obxectivo na máxica París vivirá divertidas aventuras xunto ao seu amigo inventor, Víctor.
O sábado, 10 de febreiro, ás 20:30 horas a proposta é unha comedia dramática non recomendada para menores de 7 anos. O filme, que se proxectará en galego, ten unha duración de 96 minutos e fala da historia de María, que dende a morte da súa nai se encarga de coidar dos seus irmáns e do seu pai. A súa situación de muller responsable e sustento da familia, da que se sente orgullosa, vese ameazada cando este último anuncia que casa coa súa enfermeira e María comprende que debe comezar a vivir a súa propia vida. Dirixida por Nely Reguera a película conta coa interpretación de Bárbara Lennie, José Ángel Egido ou Pablo Derqui, entre outros.
As entradas estarán á venda para a proxección de “Ballerina” o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€ para quen teña dereito aos descontos establecidos por desempregado, familia numerosa, estudante, xubilado ou socio da biblioteca tudense. No caso de “María (e os demais)” o despacho de billetes abrirá o mesmo sábado ás 19h e as entradas terán un prezo de 5€ ou 3,5€ con algún dos descontos. Por problemas técnicos esta semana non estará dispoñible a venda online de entradas para ningunha das proxeccións.
Ballerina
Teatro Municipal de Tui
Data: Venres 9 de febreiro de 2018, ás 20h
Entradas: á venda o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes
Prezos: 3,5€ para o público en xeral e 2,5€ con desconto
María (e os demais)
Teatro Municipal de Tui
Data: Sábado 10 de febreiro de 2018, ás 20.30h
Entradas: á venda o sábado dende ás 19h no despacho de billetes
Prezos: 5€ para o público en xeral e 3,5€ con desconto
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL