Verbena, magostos e furanchos danse cita esta fin de semana en Moaña e Bueu coa celebración das festas de San Martiño.
Se por algo se caracteriza o San Martiño de Moaña, que celebra o seu 820 aniversario, é polas carpas e os furanchos nos baixos das casas. Esta fin de semana o Adro Baixo e a antiga reitoral encheranse de centos de persoas nunha das celebracións máis enxebres da nosa área.
O día grande das festas chegará o sábado, 11 de novembro, cunha programación festiva que comezará as 10:00 horas e rematará coas verbenas das orquestras Televisión e Pontevedra. Nesta xornada haberá un servizo de autobús especial que sairá dende a Igrexa de Domaio ás 10:00, 11:00, 17:00, 19:00 e 21:00 horas, con recollida e baixada de pasaxeiros nas habituais paradas. O regreso será ás 14:30, 18:00, 20:00, 22:00, 0:00 e 02:00 horas.
Bueu comezará hoxe mesmo, ás 17.00 horas, co magosto dos colexios, organizado polas ANPA dos colexios A Pedra, Virxe Milagrosa e Montemogos de Beluso. Pola noite, a partir das nove e media, a verbena estará amenizada polas orquestras Principal e D’Moda.
O sábado, a Banda de Música Artística de Bueu ofrecerá un pasarrúas pola mañá, e pola noite (a partir das 21 horas) as orquestras Brujas e Fania Blanco Show porán a música. E xa o domingo, o pasarrúas será a cargo da Charanga Imperiais, e no adro da igrexa actuará a agrupación Recordos da Nosa Terra. A partir das 19.30, Jerusalén e Distrito 7 pecharán a festa. Hai que destacar que a verbena se celebrará nos Xardíns de Urbano Lugrís (Campo da Estacada), e as atraccións estarán dispoñibles no porto.
Os festexos tamén terán unha parte deportiva, coa celebración da XXII Carreira Pedestre San Martiño, que terá lugar o 12 de novembro. A carreira, organizada polo Club de Atletismo Corredoiras e o Concello de Bueu, que será eminentemente urbana, e tomará a saída na Avda de Montero Ríos, á altura do Museo Massó.
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL