Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
A Guarda acolle dende mañá a exposición "Proxecto táctil" - Metropolitano

A Guarda acolle dende mañá a exposición "Proxecto táctil"

Este xoves 19 de outubro inaugurase no Centro Cultural da Guarda a exposición "Proxecto táctil", composta por obras contemporáneas realizadas por alumnos e exalumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (UVigo).

A mostra "Proxecto táctil" está formada por unha ducia de creacións concibidas para poder tocarse e manipularse, de xeito que o público se poña na pel das persoas cegas e experimente a exposición.

"Proxecto táctil" é unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Facultade de Belas Artes da UVigo e a ONCE. Estará en A Guarda ata o vindeiro 4 de novembro.

Ao acto de inauguración de "Proxecto táctil", que comezará ás 12 horas, acudirán o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba e o deputado provincial de Cultura e Lingua.

Salir de la versión móvil