O Concello da Guarda súmase ao circuíto de música ao vivo Musigal da Deputación de Pontevedra cunha das citas musicais máis agardadas deste verán na vila, o directo dunha das bandas galegas máis recoñecidas “Heredeiros da Crus”, que se presenta coma o “Fenómeno musical do século en Galicia”. Terá lugar o sábado 9 de xullo ás 22:30 horas na explanada do Porto da Guarda
Heredeiros da Crus leva escribindo a historia do rock en galego desde fai exactamente 30 anos. Os mesmos que leva en activo e durante os que segue o grupo con máis poder de convocatoria do noso acervo musical. Con dez albumes no seu haber, os Heredeiros da Crus son o retorno constante á xenuidade xeracional que os converteu en autenticidade eterna e que trascende a toda evolución e a toda moda con temas que marcaron a vida de moitas persoas converténdose en auténticos himnos coma “Quero josar”, “Vaiche boa” ou “Pero que ghallo é!”.
Nesta xira do 30 aniversario de Heredeiros da Crus teremos a oportunidade de “josar” dos seus auténticos sons na Guarda en estado puro, nunha noite que, de seguro, quedará para o recordo.
Para o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, esta será unha das citas musicais máis importantes para a vila en moitos anos, un concerto que ven enmarcado no programa Musigal da Deputación de Pontevedra e co financiamento da produción técnica a cargo do Plan Concellos, co que se quere resaltar a aposta pola música feita en Galicia, para continuar pondo A Guarda na escena da cultura activa.
Rafa Álvarez quixo lembrar tamén outra das citas importantes deste verán na Guarda, como é o Festival Mar de Blues que terá lugar xa esta mesma fin de semana (1 e 2 de xullo) na Praza do Reló e que traerá á Guarda a músicos internacionais coma Will Jacobs, Remi Bankyln ou Julian Vaughn. Sen dúbida un verán cheo de propostas musicais, culturais e deportivas na Guarda, que serán presentadas nos vindeiros días co lanzamento da Axenda de Verán 2022.
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL