Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
O Ikfem celebra os seus cinco anos saíndo a rúa cun concerto de Best Boy

O Ikfem celebra o seu 5º aniversario saíndo á rúa cun concerto inaugural de Best Boy

O Festival Internacional de Instrumentos de Tecla –Ikfem– consolídase na Eurocidade de Tui-Valença como elemento de unión da poboación dos dous lados do Miño cumprindo xa cinco anos e, para celebralo, este ano sae por primeira vez á rúa cun destacado concerto inaugural.

Co escenario da Vella Ponte Internacional de Tui como icónica imaxe de unión da Raia, o festival tudense arrancará o venres 21 de xullo ás 21:00 horas da man do grupo de indie-pop Best Boy. Xa ás 22:00 horas a música de piano encherá as ribeiras do Miño con Abe Rábade e Javier Otero para 45 minutos máis tarde ofrecer un espectacular concerto con 10 pianos soando simultaneamente.

O Festival, que conta co apoio do Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença, celebra os seus cinco anos de historia potenciando “a riqueza cultural que existe entre os dous pobos –galego e portugués-“, segundo apuntou o alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, durante a presentación desta mañá, e por iso estará presente nas dúas vilas fronteirizas.

A súa directora, Andrea González, lembrou iso si, que o festival continuará “cos instrumentos de tecla como fío condutor” xa que, dentro dos festivais en Galicia, o Ikfem é referencia neste campo. Deste xeito, as diferentes masterclass e obradoiros con profesionais de renome internacional celebraranse xunto a concertos na Fortaleza de Valença, na Catedral de Tui e na igrexa de San Domingos.

Cinco días dun festival que rematarán o domingo ás 22:00 horas na Igrexa de San Domingos de Tui cun recital ibero-americano a cargo de Carlos César Rodríguez.

Consulta a programación completa aquí
Salir de la versión móvil