A Biblioteca Pública Municipal de Tui promove unha iniciativa para achegar os libros á cidadanía co gallo da celebración este xoves, 23 de abril, do Día do Libro, unha data para a que estaba programada a undécima edición de “Tui Le”, unha xornada de actividades arredor do libro e a lectura que organizan anualmente as bibliotecas escolares dos colexios e institutos de Tui xunto coa Biblioteca Municipal tudense (unha iniciativa á que este ano tiña previsto sumarse tamén a Biblioteca Municipal de Valença).
Asi pois para a celebración desta data e favorecer que esta celebración poida chegar a un maior número de persoas, dende a Biblioteca Municipal tudense promóvense dúas iniciativas. A primeira é a distribución de libros de balde a todos os lectores interesados, así haberá un carro con libros ofrecidos pola Biblioteca Municipal na Praza de Abastos tudense para que aqueles interesados poidan coller un exemplar e gozar posteriormente coa súa lectura na casa. Os promotores solicitan aos interesados que garden as distancias de seguridade, usen luvas e non manipulen os libros para garantir unhas medidas hixiénicas mínimas. Estes carros quedarán a disposición dos interesados ata esgotar as existencias. Esta actividade é posible gracias á colaboración da concellería de Comercio e Mercado.
Por outra banda, para celebrar "Tui Le", o encontro anual das bibliotecas escolares do concello baixomiñoto que iba a realizarse o venres 24 de abril, haberá a través das redes sociais do Concello de Tui o acceso a unha mensaxe que cada centro bibliotecario ofrecerá para conmemorar esta data e lembrar a todos que a lectura é unha boa alternativa para este tempo de confinamento.
Con estas dúas propostas a Biblioteca Municipal e a concellería de Cultura do Concello de Tui procuran ideas para continuar traballando a prol do libro e a lectura dende o convencemento que é unha ferramenta básica para o desenvolvemento persoal e social.
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL