Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
Luis Davila e Carlos Blanco preparan o seu "menú da noite" en Vigo - Metropolitano

Luis Davila e Carlos Blanco preparan o seu "menú da noite" en Vigo

O actor arousán Carlos Blanco e o cómico e debuxante Luis Davila presentan no Teatro García Barbón de Vigo o «Menú da noite», o seu novo espectáculo que mestura o debuxo e o humor. Logo do éxito logrado co espectáculo «Menú do día», Carlos Blanco e Luis Davila presentan esta nova proposta na que cambian a saia escocesa polo traxe para viaxar a Broadway, onde exhibirán as súas dotes de bailaríns de claqué e incluso cociñarán caldo en directo.

Blanco e Davila cambian así o día pola noite nun traballo a dúo no que prometen risas aseguradas, e tamén debuxadas, que estarán acompañadas coa música do compositor e produtor vasco Kepa Junquera e do gaiteiro moañés Xosé Manuel Budiño. 

A cita será o vindeiro sábado, 16 de setembro, a partir das 20.30 horas e as entradas teñen un custe de entre 8 e 13,60€. Podes mercalas en Ataquilla.

Salir de la versión móvil