María Fumaça presenta no Auditorio Mar de Vigo o seu proxecto máis rebelde e reivindicativo. Será este venres 3 de xaneiro, a partir das 17:00 horas. A entrada ao espectáculo, incluído na programación de Nadal do Concello de Vigo, é de balde ata completar aforo. Enriba do escenario, a extensa familia interpretará os temas principais do seu último traballo.
O veleiro verde é o espectáculo desenvolto a partir do disco-libro homónimo e publicado recentemente pola editorial Galaxia. Incorpora novos ritmos e temáticos que pretenden reflectir a evolución de Ruí, o seu protagonista. Metido de cheo na adolescencia, Ruí mudou os gustos e as preocupacións pero non as ganas de cambiar o mundo. Na compaña dos seus, canta alto e forte a prol da inclusión, a igualdade e o dereito a medrar nun planeta vivo, verde e con futuro.
Desta volta, a familia María Fumaça tenta remover conciencias a ritmo de rap, rock ou funk sen esquecer a súa esencia tradicional. De novo, o brasileño Sérgio Tannus encárgase da dirección musical e Pablo Pastor das ilustracións. O veleiro verde, gravado por Isaac Palacín, conta con colaboracións de luxo. Participan, entre outros, o actor e humorista Carlos Blanco, o cantante do grupo O Sonoro Maxín, Ico ou o rapeiro A.K.A Moreno.
Chus Domínguez, a nai de Ruí, asina moitos dos temas orixinais e Paulo Ces, un dos pequenos da saga, aporta o seu “Pasodrobre de Bamba”. O guionista e director do Festival de Cans, Alfonso Pato, estréase como letrista de María Fumaça en “A pita de Fita” e “A árbore de Manolo”. Uxía, madriña do protagonista e impulsora do proxecto, dá título ao disco-libro cunha canción dedicada ao Rainbow Warrior, ao emblemático barco de Greenpeace.
Entre as versións, desstaca “O carteiro em bicicleta” do cantautor portugués Joao Afonso. Magín Blanco, autor do “Ruiguetón”, Raquel Domínguez, Santi Cibreiro e Antonio Castillo completan o elenco instrumentista. O resto da familia, que segue medrando, achega ilusión, alegría e moita forza para reclamar, a través da música, un mundo máis xusto e sen barreiras.
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL