Moaña quere converterse un verán máis no fogar dos festivais. Unha das súas citas estrela é o Varadero Fest, un evento que celebra a súa quinta edición totalmente consolidado como un referente na escena underground e que terá lugar os días 5 e 6 de xullo. A cita ofrecerá ao público asistente una programación que, segundo indican dende a organización, “promete ser inesquecible” para os amantes da música electrónica, o hip hop e os seus derivados.
O Varadero Fest 2024 contará cunha programación musical que estará encabezada cun dos grandes nomes da música urbana en España, Enry-K, quen presentará en exclusiva no festival moañés o seu último traballo, DOT, lanzado recentemente. Outros nomes que figuran neste “menú musical” do evento morracense serán a talentosa DJ e produtora galega de música de vangarda, Russ, coñecida pola súa habilidade para mesturar sons electrónicos que oscilan entre o Wave e o trance.
O festival tamén contará coa presenza de Underlock, que traerá os seus envolventes ritmos electrónicos, e Nhoa, que estreará en Moaña o seu primeiro EP cunha proposta fresca de RnB pop. Ademais, a programación musical de Varadero Fest apuntalase con Lacon sen Jrelos, que nos deleitará co seu novo álbum, Prato Proteico; mentres que a DJ arxentina afincada en Vigo, Llxnto, encargarase de facer vibrar ao público asistente coa súa boa enerxía.
Pero esta quinta edición de Varadero Fest volverá a ser moito máis que música. A organización volverá a contar co impresionante espectáculo da Compañía Boombox, que pretende ter unha fonda pegada coa súa posta en escena. A colaboración coa Escola Municipal de Música, un piar fundamental deste festival, promete engadir unha dimensión educativa e formativa ao evento. E para pechar as noites con broche de ouro, o DJ Set de Sebastián Black asegurará que a pista de baile estea sempre chea.
Música, espectáculos, unha pegada pedagóxica e tamén un entorno único. O Varadero Fest celebrarase no fermoso Parque de San Bartolomeu, un espazo que mestura a tranquilidade da arboreda coa frescura da praia, ofrecendo unha experiencia única para os asistentes. Ademais, o festival que terá lugar os días 5 e 6 de xullo en Moaña destaca por ter unha representación importante de artistas locais, subliñando o compromiso do evento co talento da comunidade e creando unha plataforma para que estes artistas brillen nun escenario de alto perfil.
Por último, outra das grandes finalidades do evento morracense e ser un punto de encontro para a mocidade con inquedanzas culturais, converténdose nun fervedoiro de creatividade e expresión artística. A mestura de sons e estilos promete crear unha atmosfera vibrante e diversa, onde cada asistente atopará algo que lle resoe.
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL