A técnica de cultivar árbores e arbustos controlando o seu tamaño para que teñan unha envergadura moito menor que na natureza gaña cada vez máis adeptos na nosa contorna. En Ponteareas, esta fin de semana afeccionados a esta modalidade de cultivo teñen unha cita coa II Mostra de Bonsais.
Entre o sábado e o domingo, o Museo Municipal (rúa Perillana, 11) abrirá as súas portas para acoller a entre 20 e 25 bonsais xunto a outros 15 prebonsais, un cultivo arbóreo aínda en proceso de formación para adquirir a categoría nai.
Un gran número de plantas que requiren un traballo inmenso por parte dos seus coidadores. Manuel Abril, afeccionado e responsable da mostra, non se cansa de repetir que “estas árbores adquiren este tamaño miniatura e un fermoso porte grazas as horas e horas” que lles adican os afeccionados que os cultivan.
Porque non teñen que ser árbores exóticas nin chegadas da afastada China, onde se orixinou esta arte, senón que calquera das nosas especies, como os carballos, poden adoptar esta fisionomía. “En teoría calquera pode ser convertido nun bonsai, aínda que é recomendable que teña unas características especiais, como follas pequenas, para que estean proporcionados e sexan mais fermosos”, explica Abril. Entre as especies que estarán expostas, haberá exemplares como un buxo sacado dun xardín de 1906 ou aciñeiras con preto de cen anos. Tamén carballos, bidueiros, salgueiros...
A mostra está aberta tanto o sábado, 1 de setembro, coma o domingo, día 2, de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.
Para que os máis cativos se acheguen á natureza e ao coidado das plantas, a concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Hortensia Bautista, organiza ao longo de toda a xornada do sábado un obradoiro de iniciación no que se explica como converter calquera planta en bonsai. Estará en funcionamento ao longo de toda a xornada.
O domingo, o especialista Andrés Bicocca estará traballando nas instalacións para demostrar como se da forma á denominada madeira morta empregando ferramentas manuais tradicionais en combinación co traballo de ferramentas eléctricas. Unha disciplina artística que outorga espectaculares formas ás partes secas de bonsais vivos.
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL