Suma e sigue. Nigrán engade un novo festival a súa programación de verán despois do Solpor, o Nigranjazz ou o Vive Nigrán. Entre o 17 e o 20 de agosto, o paseo da Foz na Ramallosa celebrará o "Val Miñor Fest", primeiro festival da comarca dedicado á degustación da cervexa artesanal. "Un novo festival que chega a Nigrán para quedarse e formar parte das nosas propostas máis senlleiras do verán", en palabras do alcalde, Juan González.
En total, serán 11 marcas de cervexa artesanal galega, unha de Madrid e outra do Bierzo as que competirán por gañarse o título á mellor etiqueta do festival.
Entre todas as marcas haberá todo tipo de cervexas, dende a rubia tradicional, a outras con castañas, mel ou chile. Unhas serán suaves e outras poderán chegar até os 12 grados e os prezos arrancarán nos 2€. As marcas asistentes ao festival serán Faxilda, Bubela, Santo Cristo, A cova da serpe, Trisk-Ale, Vacaloura, Belecker, Nos, Áncora, Nasa, Palecat, Saramagal e Kel´s.
Ademais, organizaranse obradoiros, cursos gratuítos de elaboración de cervexa artesanal ou unha cata organizada por profesionais do sector. Neste casos débese solicitar inscrición previa. No caso do curso de elaboración de cervexa no correo cursodecervexa@gmail.com namentres que para participar na cata é necesario escribir a fillos.da.malte@gmail.com e ten un custe de 7€ por persoa.
O programa do "Val Miñor Fest" inclúe ademais concertos durante as noites. A primeira xornada contará coa actuación, dende as 19:00 horas, de Rapariga JD, dos nigraneses Blue Monk de Wondercovers e do DJ Crus-P. Ao longo do festival tamén actuarán Off Room, San Rockers ou Los Pontiaks, entre outros.
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL