Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
O Got Talent dos “maios” celébrase este domingo na parroquia ponteareá de San Mateo - Metropolitano

O Got Talent dos “maios” celébrase este domingo na parroquia ponteareá de San Mateo

A xesta é de uso habitual nos Maios // Marcos Caruncho

Dende hai seis anos a veciñanza busca recuperar esta tradición a través dun concurso no que sete maios competirán por ser o mellor decorado. Dende ás 16:00 horas deste domingo, a Casa Cultural de San Mateo, en Ponteareas, abrirá as súas portas para expoñer estas creacións en base a motivos naturais para dar a benvida a primavera.

Ademais, a partir das cinco da tarde haberá actuacións musicais e as pandereteiras de San Mateo animarán tamén aos asistentes.

A Asociación de Veciños San Mauro convida a todas as familias e veciños da comarca a recuperar esta tradición e presentar, na vindeira edición, o seu propio maio. Os veciños e veciñas xa levan un mes traballando na realización das estruturas que nesta fin de semana cubrirán co arrecendo do verde e o corido das flores.

Salir de la versión móvil