O pavillón do IES San Paio acolle esta fin de semana, sábado e domingo, I Feira da Cabaza. O evento previsto inicialmente no Paseo da Corredoira trasladouse de emprazamento debido ás adversas previsións meteorolóxicas. Amais de exposición e venda de cabazas haberá un amplo programa de actividades con demostracións gastronómicas, actuacións musicais, andaina e a caverna do terror. Cómpre lembrar que a Feira da Cabaza desenvolveuse dende comezos deste mes de outubro nas parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns.
A inauguración da feira terá lugar mañá sábado, ás 11 h, no pavillón do IES San Paio. Mañá terán lugar os dous primeiros showcookings dentro da iniciativa Eurochef de Eurural a cargo dos chef Iván Méndez (ás 12 h) e Alejandro Iglesias (ás 18h). O domingo será a quenda de Miguel Rodríguez e Javier Freijeiro (ás 12 h) e do resposteiro Óscar Romero (ás 18 h). A música estará presente mañá sábado ás 20 h co concerto a cargo do grupo Micalip’s, o domingo ás 13.30 h da Asociación Cultural xuvenil recreativa e deportiva San Telmo de Tui e ás 20 h do Grupo NoAllKansas.
O domingo ás 10 h sairá do mesmo pavillón San Paio a visita guiada por AndaTui para coñecer ás pozas e regadíos vinculados ao cultivo da cabaza. Pola tarde, ás 17 h, celebraranse talleres de decoración de cabazas e maquillaxe para nenos e maiores. Amais tanto o sábado coma o domingo, de 19 a 1h, o Cárcere Vello transformarase en “A caverna do terror”, cun espectáculo ambientando con efectos especiais, iluminación, son, ….e cheo de sorpresas para o público a partir de 8 anos. É recomendable inscrición previa no 608 50 13 91. Amais durante a fin de semana boa parte dos locais de hostalería de Tui incoporarán nos seus menús receitas coa cabaza coma protagonista.
O Concello de Tui conta coa colaboración, para a organización desta actividade, da Asociación Veciñal Monte do Seo de Areas, da Comunidade de Montes de Baldráns, da Asociación Sociocultural e deportiva a Insua de Caldelas, da Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, da Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Aloia de Pazos de Reis, da Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro, do Pancho Cultural de Randufe, da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns e do Club deportivo Andatui.
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL