O Nadal chega ás Neves en plena transición entre o mes de novembro e decembro. O municipio pontevedrés acende esta tarde o alumeado máis extenso da súa historia. O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, acenderá as luces nun acto que terá lugar na Praza do Concello, dando comezo a unha ampla programación de actividades que chegará ata o vindeiro 5 de xaneiro de 2020.
As Neves alumearase con cinco árbores de Nadal que estarán nas rotondas do Conde, do IES Pazo da Mercé, do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, na Praza Maior e no aparcadoiro da rúa Esperanza. Ademais, a ornamentación contará con estrelas de cor branca, decoración nas árbores e edificios públicos e haberá luces en todas as rúas do centro da vila, dende a rúa Cruceiro, pasando por Entrecines, rúa da Feira, Praza do Cruceiro, rúa José Gil, rúa Doutor Martínez Rodríguez e rúa Esperanza, incorporándose este ano a cor lila na contorna do Concello, “amosando unha clara e firme postura en favor da igualdade”.
Nesta campaña do Nadal tamén se colocaron diferentes elementos por todas as parroquias, estendendo o alumeado a todo o territorio, aínda que este ano o motivo elixido son estrelas brancas ao igual que no centro urbano.
O acto do acendido formará parte, dacordo coa Asociación de Comerciantes e Empresarios das Neves (ACEAN), organizadora do evento, dunha tarde de lecer que comezará ás 16:00 horas con actividades para as nenas e nenos como a visita de Papá Noel con caramelos e agasallos, música, pintacaras e canóns de neve.
O momento “chave” da xornada chegará ás 19:00 horas co acendido das luces por parte do alcalde, que transmitirá os seus bos desexos para este Nadal e para o vindeiro ano 2020, marcando o inicio das festas nas que, “por medio da colaboración entre o Concello e a Asociación de Comerciantes faise unha aposta decidida pola mellora e dinamización do comercio das Neves”.
Coa finalidade de que todas aquelas veciñas e veciños das Neves que o desexen poidan gozar do acendido das luces haberá dous autobuses que percorrerán todas as parroquias, a partir das 16:00 horas, e que farán o percorrido de volta ás 21:00 horas. Os autocares farán os seguintes percorridos: Cerdeira-San Xosé Xosé-Santiago de Ribarteme-As Neves; San Cibrán-Vide-Setados-As Neves; Santa Eulalia-San Pedro-Taboexa Rubiós-As Neves e Liñares-Tortoreos-As Neves.
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL