Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
O Porriño achégase a figura de M.L. Estefanía, autor de novelas do oeste - Metropolitano

O Porriño achégase a figura de M.L. Estefanía, autor de novelas do oeste

O Centro Municipal do Porriño acolle este luns 23 de outubro ás 19:00 horas a proxección do documental "M.L.Estafanía. Galicia máis oeste que nunca" e unha charla posterior co seu director, José Ballesta de Diego.

'M.L. Estefanía. Galicia, máis Oeste que nunca", é unha longametraxe documental, en galego e castelán de 100 minutos de duración que, mediante testemuños e material de arquivo achégase á figura de Marcial Lafuente Estefanía, popular autor de novelas do Oeste, que comezou a súa carreira en Vigo nos anos 40, da man da Editorial Cíes, a primera galega da posguerra.

Entre os participantes destaca Federico Lafuente, fillo de Marcial que segue escribindo as noveliñas do pai, e con profundos lazos con Vigo ao transcorrer aquí a súa infancia e adolescencia. Xunto a él entrevístase a escritores como Fernando Sabater, Xosé Luis Méndez Ferrín, Francisco G. Ledesma, Eduardo Mendicutti ou Domingo Villar; especialistas como Carlos Abraham, Fernando Eguidazu e Pedro Puialto; ou á popular autora de novela rosa Corín Tellado, falecida en 2009, e que concedeu a súa última entrevista para este documental.

O mesmo documental inclúe o considerado primeiro western galego ou grelos-western, 'Naipe de sangue', estrenado no Festival de Cans en maio de 2010 e protagonizado por Silvia Superstar e Eladio Santos entre outros.

Salir de la versión móvil